Teño medo a sentir esta morriña durante todo este tempo que me queda.
Outros estudantes doutros países coma min non teñen o problema que eu teño e non paro de pensar o porqué.
O que pasa é que voto de menos tantas cousas…Voto de menos levantarme polas mañas na miña aldea, baixar ao baixo e ver ao meu avó traballando coa madeira e ver ao meu pai plantando os tomates.
Voto de menos esas mañas nas que me levantaba cedo pra estudiar pra os exames e todo o prado estaba cheíño de xeada, pero que ben sentía! Tan só saír uns minutos ao frío e sentir ese aire puriño de todo que te chega ao corazón e que te fai sentir coma na casa! E claro, non falemos da cociña de leña! Esas noites que chegabamos tarde a casa e tiñabamos que quentar toda a cociña..pero que ben senta cando un esta quente, e que cheiro! Ese cheiro a aldea que non o cambio por nada do mundo.
Voto de menos a súa xente…que sí, que os galegos podemos ser persoas de mente pechada e moi introvertidos pero é o que voto de menos. Aquí tiven que cambiar, tiven que adaptarme pra caer ben a xente…tiven que aprender a ser máis aberta e intentar ter sempre unha sorrisa na cara. Alí non tiña a necesidade, o feito de estar alí xa me facía sentir afortunada do que tiña. Bueno quizá minta, un non sabe o que ten ata que o perde.
Por onde iba! Voto de menos eses findes de semana de festa nesas aldeas ben pequerrechiñas que ninguén coñece, que con tan só estar alí e bailar un par de cumbias xa fas festa. Voto de menos esa liberdade que temos todos os nenos de saír as tres da tarde da casa e con sorte non volver ata que anoiteza. Esas tardes nas que pasabamos horas e horas xogando ao futbol nun campo cheo de terra na que torces pes e mans, e cas e te levantas e volves a caer, e ris, e o pasas ben. Días de chuvia. Días nos que nos xuntabamos uns cantos e colliamos as bicis e iamos de pobo en pobo pra xuntarnos os mais posibles.
Voto de menos, chegar a casa e que o meu avo me diga: ola nenica! Pero que guapa eres! E logo ti de quen es? e claro todo iso cun gran sorriso. Voto de menos todo. Podería estar falando aquí durante horas e horas sobre cousas que voto de menos e crédeme que son moitas.
Con isto quero dicir que un ten que disfrutar do que ten e que antes de facer as cousas, por favor preguntádevos máis dunha vez as consecuencias que repercutirán na túa vida. Non quero dicir que o feito de vir aquí durante un ano académico non fose unha boa elección. Porque non o foi. Pero sen embargo, poida que non fora a mellor.
