lunes, 1 de diciembre de 2014

Un non sabe o que ten ata que o perde

O feito de que levo aqui nas Américas case a mitade da miña instancia dame forzas, porque ao fin e ao cabo e case a metade e xa esta todo feito como quen dice! Pero claro, nunca sospeitei que me acadaría unha noite coma hoxe nun sofá co ventilador posto, cunha desas cancións que lle dan a calquera ganas de chorar e coa autoestima polo chan. Que me está a pasar? Onte contei os días que me quedan pra volver, son 195. Medio ano e é moito máis do que me agradaría. Non me podo queixar porque estou madurando como persoa, estou a construir á miña propia personalidade pero cada vez que penso en todo o que está a pasar ahí…sabedes o que pasa? Que non me sinto como parte disto, non me sinto querida, non sinto que pertenzo a este lugar.
Teño medo a sentir esta morriña durante todo este tempo que me queda.
Outros estudantes doutros países coma min non teñen o problema que eu teño e non paro de pensar o porqué. 
O que pasa é que voto de menos tantas cousas…Voto de menos levantarme polas mañas na miña aldea, baixar ao baixo e ver ao meu avó traballando coa madeira e ver ao meu pai plantando os tomates.
Voto de menos esas mañas nas que me levantaba cedo pra estudiar pra os exames e todo o prado estaba cheíño de xeada, pero que ben sentía! Tan só saír uns minutos ao frío e sentir ese aire puriño de todo que te chega ao corazón e que te fai sentir coma na casa! E claro, non falemos da cociña de leña! Esas noites que chegabamos tarde a casa e tiñabamos que quentar toda a cociña..pero que ben senta cando un esta quente, e que cheiro! Ese cheiro a aldea que non o cambio por nada do mundo.
Voto de menos a súa xente…que sí, que os galegos podemos ser persoas de mente pechada e moi introvertidos pero é o que voto de menos. Aquí tiven que cambiar, tiven que adaptarme pra caer ben a xente…tiven que aprender a ser máis aberta e intentar ter sempre unha sorrisa na cara. Alí non tiña a necesidade, o feito de estar alí xa me facía sentir afortunada do que tiña. Bueno quizá minta, un non sabe o que ten ata que o perde.
Por onde iba! Voto de menos eses findes de semana de festa nesas aldeas ben pequerrechiñas que ninguén coñece, que con tan só estar alí e bailar un par de cumbias xa fas festa. Voto de menos esa liberdade que temos todos os nenos de saír as tres da tarde da casa e con sorte non volver ata que anoiteza. Esas tardes nas que pasabamos horas e horas xogando ao futbol nun campo cheo de terra na que torces pes e mans, e cas e te levantas e volves a caer, e ris, e o pasas ben. Días de chuvia. Días nos que nos xuntabamos uns cantos e colliamos as bicis e iamos de pobo en pobo pra xuntarnos os mais posibles.
Voto de menos, chegar a casa e que o meu avo me diga: ola nenica! Pero que guapa eres! E logo ti de quen es? e claro todo iso cun gran sorriso. Voto de menos todo. Podería estar falando aquí durante horas e horas sobre cousas que voto de menos e crédeme que son moitas.
Con isto quero dicir que un ten que disfrutar do que ten e que antes de facer as cousas, por favor preguntádevos máis dunha vez as consecuencias que repercutirán na túa vida. Non quero dicir que o feito de vir aquí durante un ano académico non fose unha boa elección. Porque non o foi. Pero sen embargo, poida que non fora a mellor.




martes, 21 de octubre de 2014

Morriña


Tan lonxe da miña terra, canto a voto de menos! Ainda disfrutando de todas as cousas boas que me estan a pasar aqui, non podo evitar acadarme de todas as cousas que deixo atras; aqueles cheiros a herba e a choiva tras unha boa xeada, os cantos dos paxaros cada maña ao despertarse, eses montes, eses rios, a sua xente! Porque nada e comparable coa Galiza que deixei atras fara case tres meses, nin os propios Estados Unidos. Porque agora e cando un se decata do verdadeiro sentimento dun galego cara a sua terra, esa morriña que non te deixa vivir, ese sentimento de pena e añoranza que esta no corazon e que non sae, que te lembra cada dia de onde proves.